12 Xaneiro, 2018

Servizos auxiliares para o naval

Comezamos o ano con moita actividade de limpeza no sector naval. Estamos traballando para o noso cliente Factorías Vulcano en Vigo dende o pasado mes de xuño. Na actualidad estamos empregando 7 traballadores para levar a cabo a actividade máis un xefe de equipo. Todos os nosos traballadores son personas que veñen de proxectos sociais de JuanSoñador, Secretariado Xitano….apostamos pola diversidade e personas que estén en desvantaxe social. Todos os beneficios deste contrato van para financiar proxectos sociais e de emprego.  
21 Marzo, 2017

Acción formativa en Limpeza para o programa de emprego do Concello de Redondela

Rematamos nestes días unha acción formativa en limpeza industrial co programa de emprego do Concello de Redondela. Agradecemos a oportunidade e confianza posta na nosa empresa social.. Dende o inicio apostamos por levar a cabo formación para personas que teñan dificultades para acceder ao emprego e sen dúbida é  fundamental para nós levar a cabo estes programas formativos porque nos axudan a coñecer personas que podamos contratar en futuros proxectos. En concreto, nesta acción formativa estudamos temas específicos de traballo con maquinaria na actividade de limpeza. Sempre apostamos por unha metodoloxía moi práctica e que conleve unha aprendizaxe vivencial. Ao […]
23 Xaneiro, 2017

Comezando a formación en empleo doméstico

Hoxe comezamos unha nova acción formativa para Cáritas Vigo dentro do Plan operativo do Fondo Social Europeo. Estamos levando dende o ano pasado plans de formación para entidades sociais no ámbito no que traballamos (limpeza, empleo doméstico, etc.). Creemos firmemente na necesidade de formar para acadar un posto de traballo e sen dúbida este é o noso obxectivo con estas formacións preparar persoas para darlles unha saída laboral na nosa empresa. Temos que agradecer a Cáritas a confianza posta en nós e que aposten por empresas sociais coma a nosa.
22 Novembro, 2016

Comezando a limpeza de hotel en Vigo

Xa estamos facendo a limpeza de apertura dun novo hotel en Vigo. Da man da empresa de construcción Desarrolla e do Hotel B&B estamos traballando un equipo para por a punto as súas instalacións para inauguración do hotel. Traballar a limpeza despois dunha reforma é unha tarefa complexa xa que hai que facer primeiro unha limpeza en profundidae e despois ir polo miúdo.  Contar con personal altamente capacitado e con moitas ganas de traballar e fundamental para levar a cabo este tipo de actividade.  Agradecemos as empresas a confianza depositada no noso equipo para levar a cabo a posta a […]
14 Novembro, 2016

limpamos a reforma do teu fogar

  Despois dunha reforma nunha casa é preciso facer unha limpeza profesional xa que o chamado polvo de obra e moi difícil de limpar. Poñemos ó servizo de particulares as técnicas de limpeza máis exhaustivas para poder disfrutar do fogar tras unha reforma integral. Non dúbides en contactar connosco para pedir presuposto… é de valde!
7 Novembro, 2016

limpeza con hidrolimpadora

Este fin de semana estivemos a limpar os exteriores dunha reforma en #Vigo. Traballamos con hidrolimpadora para non usar tantos produtos químicos e ser respetuosos co medioambente. Vela ahí os deixamos unha pequena mostra do noso traballo. #empreganos <style type=”text/css”> .wpb_animate_when_almost_visible { opacity: 1; }</style>  
13 Outubro, 2016

Formación en Limpeza para Fundación Juansoñador en Vigo

Hoxe estamos acollendo a un grupo de alumnos/as da Fundación JuanSoñador de Vigo para impartir unha formación práctica na nosa actividade de limpeza. Agradecemos esta visita e que pensen en nós como empresa formativa e de practicas, gustamos de compartir coñecementos. Este ano acollemos máis de 10 alumnos/as en periodo de prácticas non laborais nos nosos servizos de limpeza. Agradecemos tamén as distintas entidades a súa aposta pola nosa  actividad.
26 Setembro, 2016

limpeza de graffitis en Vigo

Porque non todo é arte e os materiais das pinturas tamén estropean as zonas onde se poñen…limpamos o escaparate do teu comercio, a fachada da túa casa, e o portalón do teu garaxe…pídenos presuposto!<style type=”text/css”> .wpb_animate_when_almost_visible { opacity: 1; }</style>  
22 Setembro, 2016

Desbroce de fincas

  Desbrozamos na cidade e no campo. Solicitanos un presuposto e non dubides que connosco teras o mellor prezo. Levamos pouco tempo traballando o desbroce pero contamos cos mellores traballadores.
22 Setembro, 2016
Limpeza colexios Vigo

Limpamos a túa escola

Hoxe un ano máis comezamos a limpeza de mantemento no colexio Salesianos de Vigo. Temos que agradecer a aposta por nós deste colexio de Vigo e poñerlo en valor dentro da nosa comunidade. Dende os inicios da nosa actividade estamos a traballar en diversas escolas para ofrecer un servizo de calidade para toda a comunidade educativa. Pensamos que as escolas como organización social deben apostar por empresas sociais como a nosa onde primen certos valores e teñan un forte compromiso social porque todo é educación.