NÓS

Emprega Multiservizos é a marca comercial de Multiservicios JuanSoñador (empresa de economía social da Fundación JuanSoñador) para a cidade de Vigo.

Existen moi poucas iniciativas de emprendemento social na Galiza e pensamos que no momento actual débese apostar por elas.

Innovamos en crear unha empresa de servizos versátil que chegue a ofrecer unha actividade en cada cidade adaptada a demanda e a oferta de emprego, centrándonos neste caso en servizos de limpeza, xardinería e mantemento de calidade.

Hai moita experiencia, dentro desta gran familia, na prestación de servizos e o traballo coas persoas e estas últimas sen dúbida son o noso motor.

Ofertamos versatilidade, externalización de servizos, orientación ao cliente e unha clara labor social.