Servizos de limpeza para empresas en Vigo

Servizos para Empresas

Limpeza de mantemento

Un espazo limpo e salubre non só son características previas que dan paso a un espazo de traballo funcional, sino que tamén constitúen a base do benestar e da produtividade dos empregados.

A limpeza profesional organizase a partires de procesos, métodos e persoas. Isto asegura ao cliente sempre a mesma excelencia no nivel de calidade dos servizos prestados.

Ofrecemos unha ampla gama de solucións personalizadas para cada sector de actividade (comunidades de veciños, administración: limpeza interior de todo tipo de edificios, oficinas, fábricas, comercios e bloques residenciais) que permiten adaptar os servizos as necesidades dos clientes e axustalos a calquera cambio que se produza.


Limpezas xerais para empresas

Enténdese por limpezas xerais aquelas que son derivadas dunha situación particular e puntual habitualmente relacionadas co sector da construcción: limpeza de obra nova, reformas de locais, inaguracións, festas, garaxes, etc.

Limpamos a fondo todo o pó da obra, e despois facemos una limpeza profunda para que a vivenda ou local, etc. esté listo para entrar.


Servizo xardinería

Servizo de conservación e mantemento de xardinería. Limpeza e desbroce de fincas e calquera tipo de servizo que nos solicite.

Contamos con técnicos xardineiros cualificados que garanten a máxima calidade do servizo nas zonas verdes.

  • Conservación e mantemento integral de xardíns.
  • Podas de setos, arbustos e arbores.
  • Decoración floral.

Mantemento

Pequenas reformas e obra menor. Reformas de oficinas, despachos e tendas. Pintura de todo tipo de fachadas e albanilería e calquer outro tipo de servizo que nos solicite. Polo que ofertamos diversos servizos que crea oportuno externalizar na súa empresa: control de accesos, reposición, conserxería, etc...