Acción formativa en Limpeza para o programa de emprego do Concello de Redondela

Comezando a formación en empleo doméstico
23 Xaneiro, 2017
Servizos auxiliares para o naval
12 Xaneiro, 2018
Mostrar todos

Acción formativa en Limpeza para o programa de emprego do Concello de Redondela

Rematamos nestes días unha acción formativa en limpeza industrial co programa de emprego do Concello de Redondela. Agradecemos a oportunidade e confianza posta na nosa empresa social.. Dende o inicio apostamos por levar a cabo formación para personas que teñan dificultades para acceder ao emprego e sen dúbida é  fundamental para nós levar a cabo estes programas formativos porque nos axudan a coñecer personas que podamos contratar en futuros proxectos.

En concreto, nesta acción formativa estudamos temas específicos de traballo con maquinaria na actividade de limpeza. Sempre apostamos por unha metodoloxía moi práctica e que conleve unha aprendizaxe vivencial.

Ao longo deste ano continuaremos levando a cabo formación que permitanos seguir profesionalizandonos e captando talento!