Comezando a limpeza de hotel en Vigo

limpamos a reforma do teu fogar
14 Novembro, 2016
Comezando a formación en empleo doméstico
23 Xaneiro, 2017
Mostrar todos

Comezando a limpeza de hotel en Vigo

Xa estamos facendo a limpeza de apertura dun novo hotel en Vigo. Da man da empresa de construcción Desarrolla e do Hotel B&B estamos traballando un equipo para por a punto as súas instalacións para inauguración do hotel. Traballar a limpeza despois dunha reforma é unha tarefa complexa xa que hai que facer primeiro unha limpeza en profundidae e despois ir polo miúdo.  Contar con personal altamente capacitado e con moitas ganas de traballar e fundamental para levar a cabo este tipo de actividade.

 Agradecemos as empresas a confianza depositada no noso equipo para levar a cabo a posta a punto das instalacións e que aposten polo impacto social desta empresa e pola calidade do noso traballo.
Emprega multiservizos estase consolidando, despois de casi dous anos en marcha, como empresa social de referencia na cidade de Vigo na actividade de limpeza e servizos auxiliares. Estamos a desenvolver numerosos traballos e os nosos clientes nos avalan. Apostamos polas personas que merecen unha oportunidade e que teñen dificultades sociais.